Sunday 05 de May de 2024

O presidente da Deputación cualifica á cidade das TIC como “un proxecto ilusionante que permitirá que A Coruña lidere o cambio tecnolóxico”


O presidente da Deputación cualifica á cidade das TIC como “un proxecto ilusionante que permitirá que A Coruña lidere o cambio tecnolóxico”
A Delegación do Goberno en Galicia acolleu esta mañá a sinatura do acordo entre o Ministerio de Defensa e a Universidade da Coruña (UDC) para a cesión á institución académica das instalacións da antiga Fábrica de Armas da cidade, onde se desenvolverá a Cidade das TIC.

O delegado do Goberno, Javier Losada, presidiu o acto, no que participaron o reitor da UDC, Julio Abalde, e o secretario de Estado de Defensa, Ángel Olivares e que contou coa asistencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entre outras autoridades.

González Formoso destacou a importancia do proxecto “nun día ilusionante, no que se sentan as bases dun proxecto que permitirá que A Coruña lidere o cambio tecnolóxico en Galicia”.

Pola súa banda, o reitor da UDC afirmou que a sinatura do convenio supón para a institución académica “un salto cualitativo e a máxima expresión de facilitar a transferencia de coñecemento entre universidade e empresa nun ecosistema de innovación”.